domingo, 15 de enero de 2017

17 DE XANEIRO DÍA DE SAN ANTÓN ABAD

 San Antón era un xoven rico que vendeu todas as súas posesións e entregou os cartos aos pobres. Retirouse a vivir en solitario.

Conta a lenda que nunha ocasión acercóuselle unha xabalina coas súas crias que estaban cegas. San Antón curou a cegueira das crías e dende entón a nai non se separou del. Por iso aparece un bacoriño ao seu lado.

Dise que San Antón descubriu a sabiduría a base de observar aos animais e o amor divino a través da natureza e así convertiuse no

 PATRÓN DOS ANIMAIS.

E ese día, o 17 de xaneiro, hai tradición de bendecir aos animais nas igrexas.