Na noite do 31 de outono comezaba o aninovo celta.
Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Durante este período non se podía saír do
pobo, pois as ánimas dos finados volvían
visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do
lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes.
Os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén
dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa
cultura, así por exemplo nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de
pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e
pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso
(ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz
de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que terás boa fortuna durante o que queda de viaxe.
Os celtas para afastar dos seus castros perigosas ánimas defuntas e
errantes adoitaban poñer no alto das muradas as caveiras iluminadas dos inimigos
mortos en campaña. De aquí vén a tradición europea de facer caliveras na
cortiza dos melóns, ou cabazos ou calabazotes. Ainda que dándolle nomes
diferentes: calacús
polas Rías Baixas, caveiras
de melón en Cedeira, calabazotes
en Ortigueira, colondros
en Ourense...etc
O Samaín é o antecedente
europeo do Halloween americano.